Sunday 23 de November de 2025

Escola Judo Club e Concello de Boqueixón organizan un obradoiro gratuíto de defensa persoal para mulleres


A Escola Judo Club Boqueixón e o Concello de Boqueixón organizan un obradoiro de defensa persoal para mulleres e mozas do municipio. Terá lugar o venres 28 de novembro, de 20:00 a 22:00 horas, no ximnasio municipal do Forte. A participación é totalmente gratuíta, se ben é preciso anotarse previamente no mail: escolajudoclub@gmail.com.

Esta iniciativa está incluída no marco do proxecto Iberdrola Judo Rural e consistirá nunha sesión práctica, segura e adaptada para todos os niveis onde as mulleres participantes aprenderán técnicas básicas de autoprotección, prevención e confianza corporal.

Deja un comentario