Dende o venres 14, o Concello de Carral xa non conta co seu Axente de Desenvolvemento Local (ADL/ADLE), unha figura clave para o emprego e o desenvolvemento económico do municipio.
Alternativa esixe transparencia e solucións para non deixar sen o servizo á veciñanza, así como buscar o procedemento adecuado para arantir a continuidade deste servizo imprescindible para Carral .
O servizo que presta o Axente de Desenvolvemento Local (ADL/ADLE) ocupase do apoio á creación de emprego e empresas, asesoramento a emprendedores e negocios locais, tramitación e información sobre subvencións, a posta en marcha accións formativas e de inserción laboral e o impulso de proxectos que melloran o desenvolvemento económico do Concello.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.