Tuesday 18 de November de 2025

A alcaldesa da Coruña e o presidenta da Autoridade Portuaria presentarán Coruña Marítima esta semana en Nova York


Participarán o venres 21 na Conferencia Mundial da Asociación Internacional de Cidades e Portos poñendo en valor a colaboración porto-cidade no proxecto

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey e o presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado presentarán o vindeiro venres 21 de novembro en Nova York o proxecto Coruña Marítima como exemplo de colaboración institucional para o desenvolvemento da fachada marítima da cidade.

Coruña Marítima foi seleccionada para participar como caso de éxito na Conferencia Mundial da Asociación Internacional de Cidades e Portos como exemplo de colaboración pública e de participación cidadá.

A conferencia, que se celebra en Nova York dende o 19 de novembro baixo o título «Navegando o cambio: innovando nos portos, nas cidades e no clima», abordará como as cidades portuarias están respondendo aos retos globais como o cambio climático, a transición enerxética, a gobernanza inclusiva ou a resiliencia¡ urbana.

A alcaldesa e o presidente da autoridade portuaria explicarán conxuntamente o modelo de gobernanza de Coruña Marítima como exemplo de colaboración institucional, e darán a coñecer o proceso participativo que se desenvolveu na cidade de forma previa á licitación do Master Plan que definirá o futuro da cidade.

Tamén abordarán en detalle as bases estratéxicas do proxecto que darán lugar ao redeseño da fachada marítima interior da cidadeNesta conferencia poñeranse en común as estratexias para crear cidades portuarias resilientes, compartiranse casos de éxito de mobilidade sostible e integración urbana-portuaria e analizaranse en detalle proxectos innovadores que se están a desenvolver en Nova York e en outras cidades de Canadá ou Países Baixos.

Entre os ponentes destacan Sarah Kapnick – Experta en clima e finanzas ou Andrew Kimball CEO da New York City Economic Development Corporation (NYCEDC) que explicarán as iniciativas de integración urbana, sustentabilidade e innovación portuaria que se están a desenvolver na cidade de Nova York.

Encontro con profesionais da Coruña

A alcaldesa e o presidente da autoridade portuaria aproveitarán a visita para manter un encontro de traballo con coruñeses e coruñesas que están a desenvolver a súa actividade profesional na cidade nortamericana. Deste xeito poderán compartir os retos de futuro da cidade con perfís como Susana Martínez-Conde —Profesora na Universidade Estatal de Nova York, especialista en oftalmoloxía e neuroloxía—, Juana Fernández —Enxeñeira en Microsoft e galega recoñecida entre as 100 mulleres máis influentes de Galicia—, Sandra Barral —Investigadora en xenética e Alzheimer na Universidade de Columbia—, Vera García Outeiral —Posdoutoral en Columbia, traballa en terapias para carcinoma hepatocelular—, Álex Maroño Porto —Xornalista, editor asociado en The Atlantic— ou Sergio Pardo López —Arquitecto no Departamento de Asuntos Culturais da Cidade de Nova York—.

Deja un comentario