Tuesday 18 de November de 2025

Baile para maiores con Carlos Manteiga, este sábado na Casa do pobo de Lorbé


De forma rotatoria e alterna, o Concello está a organizar bailes para persoas maiores os sábados nas Casas do pobo. O próximo será este sábado día 22, na Casa do pobo de Lorbé, desde as 17:00 horas.

Actuará o solista Carlos Manteiga e o baile finalizará ás 20:00 horas. A actividades está dirixida aos veciños e veciñas de Oleiros maiores de 65 anos e o acceso será libre e gratuíto, sen necesidade de ningún tipo de inscrición previa.

Para ampliar as posibilidades de entretemento e diversión, o Concello aposta por esta iniciativa para fomentar a convivencia e combater a soidade.

Deja un comentario