As obras comportaron un investimento de preto de 100.000 euros
A actuación de mellora da contorna do acceso ao punto limpo e matadoiro de Ribeira finaliza co pintado da sinalización viaria horizontal.
O Concello procedeu en pasadas datas coa instalación da rede de pluviais e a pavimentación en 4.232 metros cadrados desta zona do polígono de Xarás cunha capa de aglomerado asfáltico en quente de 6 cm de espesor.
As obras foron adxudicadas á empresa Canarga S.L. e comportaron un investimento de 99.560 euros ao abeiro dunha subvención da Consellería de Economía e Industria.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.