Monday 17 de November de 2025

O vicepresidente da Alianza de Paisaxes Culturais e Sitios Afíns, Gonzalo Castro, recolle o Premio


Patrimonio Mundial Federico Mayor Zaragoza, que recoñece o traballo da entidade

A cidade da Coruña forma parte da asociación grazas ao recoñecemento da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, recolleu este luns o primeiro Premio Patrimonio Mundial Federico Mayor Zaragoza, concedido á Alianza de Paisaxes Culturais e Sitios Afíns Patrimonio Mundial, da que A Coruña ostenta a vicepresidencia como custodio da Torre de Hércules, único faro romano en funcionamento e patrimonio mundial da UNESCO. A cerimonia tivo lugar na Galería das Coleccións Reais de Madrid e o galardón é unha iniciativa da Asociación para a Difusión e Promoción do Patrimonio Mundial de España.
“É un orgullo que unha entidade da que A Coruña forma unha parte destaca reciba este premio co firme compromiso de seguir traballando por un patrimonio vivo, aberto e capaz de guiarnos cara novos horizontes”, indicou Castro durante a súa intervención na gala. O premio leva o nome de Federico Mayor Zaragoza, presidente do consello asesor da Fundación Adiprope e ex director xeral da UNESCO. A cerimonia contou con 250 representantes da cultura, sociedade, do mundo empresarial e de medios de comunicación especializados. O premio reforza o papel da Alianza de Paisaxes Culturais e Sitios Afíns Patrimonio Mundial e a participación da Coruña nesta entidade.

A Coruña acadou en abril deste ano a vicepresidencia da Alianza no primeiro Foro Europeo de Xestores de Sitios Patrimonio Mundial, celebrado na Alhambra de Granada. Na actualidade, forman parte da Alianza un total de 12 enclaves españois e un portugués. A nivel galego, está representada A Coruña. No caso coruñés, a cidade pertence a esta agrupación desde o ano 2009, cando a Torre de Hércules foi nomeada pola UNESCO como Patrimonio Mundial.

Deja un comentario