Suevosé a localidade máis abandonada e máis contaminada do concello de Arteixo. Por un lado a refinería, por outro as empresas contaminantes do Polígono de Sabón; lugar de paso de vertidos de augas fecais nos acantilados, contaminación atmosférica, deterioro dos areais polas obras do Porto Exterior, estradas miserentas…
Hai xa un ano denunciouse na prensa e nas emisoras de radio os vertidos de fecais no entorno da localidade. As obras de acceso levan máis dun ano paralizadas e desde Bens era imposible chegar a Suevos mentres as fecais de Arteixo discorrían libremente en todo o entorno.
O pleno da corporación parecía a procesión dos caladiños, incluída a tránsfuga de Alternativa dos Veciños; que agora está a facer unha nova candidatura con outro nome para seguir cobrando no Concello.
Hai que felicitar ao alcalde pola súa habilidade para telos caladiños. Dende Alternativa seguiremos a denunciar e demandar as melloras que os veciños e veciñas nos solicitan.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.