Monday 17 de November de 2025

Alternativa denuncia un “atraco” aos veciños e veciñas de Monte Mero


Alternativa reúnese cos representantes de Asociacións de Veciños de Eirís e Pedralonga para falar da situación á que as están sometendo desde a Xunta.

Os propietarios do solo da urbanización que a Xunta quere realizar en Monte Mero, afectando a 420 mil metros cadrados de solo entre Eiris e a Antiga Fábrica de Armas, denuncian espolio da Xunta de Galicia.

No ámbito da futura urbanización que afecta a máis de 200 propietarios existen 38 edificacións con residentes. A Xunta pretende construír 4.200 vivendas, das cales 800 serán de prezo libre e 3.400 de prezo protexido. O solo esta recollido no Plan Xeral de A Coruña como urbanizable.

A Xunta ten previsto utilizar o sistema de expropiación pagado un prezo de 10 € por metro cadrado, cando solos na mesma condición de urbanizables e ca metade do aproveitamento urbanístico de Monte Mero se acaban de pagar a 104 euros o metro cadrado en Oleiros.

A Xunta co apoio do Concello da Coruña, que recibirá solares para 400 vivendas, están espoliando ós propietarios de Monte Mero: 420 mil metros cadrados a 10 € serían 4.200.000 euros. Se o solo se pagara ao prezo real, como se está a pagar noutros municipios da comarca, en solos urbanizables os 420 mil metros cadrados a 104 euros serían 43.680.000 euros.

A repercusión por vivenda unha vez expropiados a 10 € sería de 1.000 euros, e se se lle pagase a 104 euros, serían 14.000 euros. Moi por debaixo da que calquera promotor está a pagar na actualidade para poder construír vivenda acollida que ronda os 30.000 euros por edificación.

O Monte Mero, se ninguén o para estase a converter na maior especulación da historia de A Coruña por parte da Xunta e a anuencia do Concello. A veciñanza debe recorrer aos tribunais para paralizar o atraco do que están sendo obxecto. Dende Alternativa dos Veciños seguiremos a denunciar este espolio.

Deja un comentario