A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, e a vicerreitora da Universidade da Coruña, Ana Ares, visitaron esta mañá os stands da I Feira Saúde e Sociedade, organizada ao abeiro do convenio de colaboración entre o Concello e a UDC para impulsar, xunto ás entidades sociais participantes, a promoción da saúde, o benestar e a inclusión social na cidade.
A xornada, celebrada no Centro Sociocultural Ágora, tivo lugar este sábado, de 9.30 a 14.00 horas, coa asistencia de centos de persoas de todas as idades.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.