Desenvolverase no 21 de novembro e está aberta a toda a cidadanía
A Concellería de Innovación e Novas Tecnoloxías convida a pasar un Nadal ciberseguro cun obradoiro que se desenvolverá no 21 de novembro, na aula CeMIT de Ribeira, en horario de 12.00 a 13.30 horas. Trátase dunha acción formativa de balde aberta a toda a cidadanía que informará sobre boas prácticas nas compras en liña, evitando os fraudes, as páxinas web enganosas ou as falsas ofertas.
A este respecto, o edil Álex Vidal explica que esta “é o primeiro curso dunha programación focalizada na época do Nadal que presentaremos á cidadanía en vindeiras datas. Empezamos coa ciberseguridade porque moitas persoas comezan a facer as compras do Nadal no mes de novembro e, ademais, está próximo o Black Friday. É unha época con moito volume de vendas non só nas tendas físicas, senón tamén nas plataformas dixitais. Pretendemos, polo tanto, que os veciños e veciñas que opten por comprar online teñan información para facelo de maneira segura, evitando que caian en estafas e outros riscos que pode levar aparellado Internet. Porque en ciberseguridade, cada clic conta.”
As persoas interesadas poden anotarse na propia Aula CeMIT, no teléfono de contacto 981 876 043 ou no enderezo electrónico cemit.ribeira@xunta.gal.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.