Sunday 16 de November de 2025

O Concello saca a licitación a reparación da cuberta da piscina municipal


· As obras teñen un valor de 169.902,11 euros (IVE incluído).

O Concello acaba de sacar a licitación o proxecto para reparar e mellorar a cuberta da piscina municipal. O concelleiro de Deportes, Eloy Sobrido, explica que se trata dunhas obras importantes coas que se solucionarán “as deficiencias que presenta esta estrutura e que están a provocar problemas de humidades e filtracións”. O edil incide na intención do goberno local de continuar actuando “nas distintas instalacións municipais para que estean nas mellores condicións posibles para os e as deportistas”. As intervencións que se levarán a cabo na piscina teñen un valor de 169.902,11 euros (IVE incluído).

Actualmente, o complexo deportivo no que se atopan a piscina e o ximnasio presenta diferentes deficiencias na cuberta que producen filtracións e humidades en diferentes puntos. Para solucionar esta situación, o Concello desmontará a totalidade do teito, o caleiro e o resto de elementos (claraboias, capuchóns para condutos de ventilación, etc.) e substituiraos por outros completamente novos.

Un novo investimento

A licitación realízase nunha semana na que o concelleiro de Deportes expuxo as principais cifras da área ao longo do 2025. Tal e como explicou, destináronse un total 224.346 euros entre obras, actuacións de mellora e acondicionamento nas instalacións e axudas tanto directas como indirectas a entidades.

Deja un comentario