A contía total sitúase nos 32.549 euros
O Concello de Ribeira informa da adxudicación do deseño e produción de seis carrozas para o tradicional desfile que farán Melchor, Gaspar e Baltasar polas rúas do centro da cidade no 5 de xaneiro de 2026. As carrozas en cuestión serán as tres reais, unha coa estrela de Belén, unha do Carteiro Real e unha que seguirá a temática mariñeira.
O orzamento de licitación ascende aos 32.670 euros, IVE incluído, presentándose unha única oferta. En consecuencia, Parade Factory Di Luca, S.L resulta a empresa adxudicataria por unha contía total de 32.549 euros.
No que respecta a prazos, tódalas carrozas deberán estar totalmente rematadas antes das 12.00 horas do 27 de decembro do presente ano.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.