Friday 14 de November de 2025

O Concello de Ribeira adxudica o subministro de equipamento e mobiliario na vivenda de emerxencia social A Garita


 O importe total sitúase nos 23.167,83 para os catro lotes

O Concello de Ribeira informa da adxudicación do subministro e instalación de equipamento e mobiliario para vivenda de emerxencia social A Garita. O procedemento diferénciase en catro lotes.

No apartado de equipamento de cociña e baño atópanse a mampara de ducha, vitrocerámica, forno, microondas, campá extractora, frigorífico, lavalouza, lavadora, prancha, mesa de para pasar o ferro, batedor eléctrico, aspiradora, televisión, mobles, mesado, billas, mesa e cadeiras.
Dentro dos téxtiles dotarase con edredóns, xogos de roupa de cama, cobertores, toallas, alfombras, manteis e coxíns.
Para mobiliario para dous dormitorios e salón contémplase sofá, mesa de centro, butacas, armario auxiliar de baño, canapés, colchóns, mesas de noite, cabeceiros, armarios, espello, recibidor, moble e mesa de oficina e estores.Mentres que nos utensilios de cociña van tódolos elementos necesarios para o día a día: pratos, vasos, cubertos, tixolas.

O orzamento de licitación situouse nos 23.517,39 euros, IVE incluído, presentándose dúas empresas ao primeiro lote, tres ao segundo, tres ao terceiro e dúas ao cuarto. Finalmente, a mellor oferta económica en cada un dos lotes foi por parte da empresa Cesar Gonzalez, S.L. por unha contía total de 23.167,83 euros, financiados no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, dentro dos fondos europeos NextGenerationEU. O prazo de execución é de mes e medio.

Deja un comentario