Friday 14 de November de 2025

Almudena Taboada substitúe a Noelia Castaño no grupo municipal do BNG de Teo


A até agora concelleira dimite por motivos persoais e profesionais e agradece a confianza á formación nacionalista

A nova concelleira conta cunha longa traxectoria de participación en colectivos sociais do concello

Almudena Taboada será a nova concelleira do BNG en Teo despois de que Noelia Castaño presentara a súa dimisión por causas persoais e profesionais. Castaño agradeceu a confianza do BNG e sinalou a súa disposición para seguir colaborando coa formación nacionalista.

Veciña de Teo e activa participante en colectivos sociais do concello, a que será a nova concelleira, Almudena Taboada, concorreu ás eleccións no posto número 4 da candidatura do BNG polo que pasará a ocupar a praza que deixa vacante Noelia Castaño. Ademais, Taboada ten responsabilidades organizativas no BNG da comarca e da localidade e participou en diversas asociacións e ANPAs do concello, tanto de ensino primario como secundario.

A até agora concelleira, Noelia Castaño, notificou na asemblea local nacionalista a súa decisión de deixar o cargo “por motivos persoais e profesionais que fan difícil compatibilizar coa actividade política municipal”. En todo caso, a até agora concelleira, insistiu en trasladar o seu compromiso coa formación nacionalista e a súa disposición a colaborar na medida das súas posibilidades.

Almudena Taboada, xa anunciou a súa vontade de “continuar o traballo desenvolvido por Noelia Castaño e sumar forzas para esixir que a actividade municipal reverta na mellora da vida da veciñanza de Teo”.

Deja un comentario