Friday 14 de November de 2025

A Comisión Permanente do Consello Municipal da Cultura acorda a creación de dous novos grupos sectoriais: Artes Vivas e Patrimonio Cultural


O Salón Dourado do Palacio Municipal de María Pita acolleu esta mañá unha nova sesión ordinaria da Comisión Permanente do Consello Municipal da Cultura (CMC), presidida polo concelleiro de Cultura, Museos Científicos e Bibliotecas, Gonzalo Castro.
Na apertura, o concelleiro destacou o papel central do Consello como espazo estable de diálogo co tecido cultural da cidade, salientando que “a cooperación entre administración e comunidade cultural é esencial para deseñar políticas públicas máis útiles, eficaces e conectadas coa realidade creativa e social da Coruña”.
Durante a sesión aprobouse a creación de dous novos grupos sectoriais: Artes Vivas e Patrimonio Cultural, co obxectivo de reforzar a estrutura participativa do Consello e de dar resposta ás demandas do sector, nunha liña de traballo sostida no tempo pola que se vén apostando desde o Goberno de Inés Rey para consolidar espazos de reflexión colectiva e impulsar políticas culturais acordes á realidade diversa da cidade.

Deja un comentario