Friday 14 de November de 2025

Neda celebra a reunión de seguimento da súa Mesa de coordinación contra a violencia de xénero


O Concello de Neda celebraba esta mañá unha nova reunión de seguimento da Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero. O encontro, presidido polo alcalde, Ángel Alvariño, e pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, serviu para repasar accións impulsadas durante o último semestre no eido da igualdade, así como para abordar novos retos en materia de prevención.

No transcurso do encontro, a responsable autonómica puxo en valor o traballo realizado pola Mesa tanto para mellorar a detección precoz de casos de violencia de xénero como para optimizar a cooperación dos axentes implicados. Pola súa banda, o Concello referendou a súa aposta por reforzar as accións en materia de sensibilización. Nesta liña, cabe apunta a intención de dotarse dun novo Plan de Igualdade, que permita avanzar cara a unha igualdade real.

A Mesa contra a violencia celebrouse tras a reunión do Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (Viogén) na que participaron Garda Civil e Policía local, xunto aos membros deste equipo especializado, e representantes do goberno local. Cómpre lembrar que, tras a adhesión de Neda ao sistema, os axentes municipais asumen o seguimento e control dalgúns dos casos considerados de nivel de risco baixo ou non apreciado que hai na localidade, ocupándose a Garda Civil dos de maior risco.

Deja un comentario