Thursday 13 de November de 2025

120º aniversario de Cándido González Tiradas


Hoxe, coincidindo co 120º aniversario do nacemento de Cándido González Tiradas, rendémoslle unha pequena homenaxe nun acto no que participaron o alcalde, Daniel Pérez, as concelleiras Maruxa Suárez, Ángeles Pacoret e Maica Ures, e familiares do escritor e xornalista carballés. Xunto ao panel instalado polo Concello de Carballo na rúa que leva o seu nome, representantes municipais e familiares do autor da peza teatral Mal ollo! realizaron unha ofrenda floral.

Este sinxelo pero sentido acto complementa a lectura dramatizada realizada polo alumnado da Aula de Teatro Municipal no marco do FIOT e a ruta guiada e teatralizada que levaremos a cabo, se o tempo o permite, no mes de febreiro, coincidindo co 60º aniversario da morte de González Tiradas en Buenos Aires.

Deja un comentario