· Será mañá, xoves 13 de novembro, ás 20.00 horas na Biblioteca Victoriano García Martí.
“Resoaron na noite os disparos que acabaron coa vida dunha mestra vocacional, dunha renovadora pedagóxica, dunha muller progresista, militante socialista, afervoada defensora dos dereitos femininos”. Así é como Aurora Marco introduce ao lector no seu último libro María Vázquez, a mestra socialista eliminada polo franquismo. A obra presentarase mañá, xoves 13 de novembro, ás 20.00 horas no auditorio da Biblioteca Victoriano García Martí.
Á cita asistirán a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, a propia escritora, a presidenta da Asociación Cultural Barbantia, Maria Xesús Blanco, e o editor, Henrique Alvarellos. A edil de Cultura anima á veciñanza a asistir á presentación para “coñecer a figura e o legado dunha muller referente na docencia e tamén na política que garda, ademais, unha importancia vinculación co noso concello”.
Durante o encontro, o público poderá descubrir de man da autora como foi o proceso de investigación e escritura do traballo e expor, ademais, as súas dúbidas.
A Pobra do Caramiñal é un dos lugares onde se presentará este traballo pola relación da mestra con esta localidade. Tras concluír a carreira de Maxisterio na Coruña, María Vázquez deu clases nun dos centros de ensinanza do municipio durante máis dunha década.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.