Wednesday 12 de November de 2025

A Liga Sénior Concello de Neda arranca este sábado no pavillón municipal Ale de Paz


O pavillón municipal Ale de Paz converterase outra tempada máis en sede da Liga Social de fútbol sala Concello de Neda. Nove equipos, entre eles tres novas incorporacións, participarán cada fin de semana nesta competición sénior, con sistema de dobre volta, que se prolongará ata a primeira semana de maio.

Todos os sábados pola tarde, o polideportivo será escenario dos partidos desta liga regular, impulsada pola delegación en Ferrol da Real Federación Galega de Fútbol. Así, as persoas afeccionadas ao fútbol sala da comarca poderán desfrutar semanalmente de ata catro encontros consecutivos.

Na primeira xornada, e equipo do Círculo Mercantil e Industrial Unidad de Fene F.S. xogará fronte ao Caranza Fútbol Sala, a partir das 17 horas. Deseguido, Selecta Caffe FS medirase co Galicia de Caranza/San Juan “B” (18 h). O terceiro partido da tarde enfrontará, a partir das 19 horas, á SCD Roxal co Club Ares Futsal. Por último, Fútbol Sala Santa Mariña do Monte buscará a vitoria fronte ao Estrella del Muelle. Nuevo Minuetto/Radio Car, equipo campión das últimas tempadas, descansará nesta xornada inaugural.
Neda vén acollendo dende hai catro anos esta competición que, unha vez rematada, dará paso aos partidos da Copa Social Concello de Neda, que estirará o calendario de competición no Ale de Paz ata o 30 de maio do 2026.

Deja un comentario