Wednesday 12 de November de 2025

Neda renovará de forma inminente os equipos informáticos dos servizos centrais da Casa Consistorial


O Concello de Neda renovará antes de que finalice este ano os equipos informáticos correspondentes aos servizos municipais “críticos”. A decisión adóptase ante a necesidade de migración dos sistemas operativos a Windows 11, e “co fin de garantir a continuidade operativa, seguridade e soporte técnico”.
Así, nesta primeira fase da actualización informática, subministraranse novos equipos aos postos de Secretaría, Intervención, Tesourería, xefatura da Policía Local, arquitecto, e técnico xeral. Todos eles deberán ter unha potencia suficiente para o manexo de aplicacións ofimáticas e serán compatibles cos monitores e co resto de compoñentes actuais, evitando así acurtar a súa vida útil.
A administración local investirá nesta renovación inicial un máximo de 5.000 euros IVE engadido. Os vellos equipos serán reutilizados na propia Casa Consistorial ou noutras dependencias municipais.

Deja un comentario