O director xeral de Centros e Recursos Humanos explica no Parlamento que a súas aulas están moi por debaixo das ratios máximas marcadas por lei a nivel estatal
O director xeral de Centros e Recursos Humanos da Xunta, Jesús Álvarez, subliñou ante a Comisión 4ª do Parlamento que o Colexio Valle Inclán de Oleiros conta con todo o profesorado e recursos necesarios para atender ao seu alumnado e, ademais, todas as aulas están por debaixo das ratios máximas fixadas por lei a nivel estatal.
O representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP explicou que o seu departamento reforzou este curso o profesorado do centro con dous novos mestres de Primaria a maiores, o que permitiu facer desdobres nos cursos de 2º e 3º de Primaria. De feito, todas as aulas de Primaria teñen entre 17 e 20 alumnos, cando o máximo é de 25. E en Infantil, contan con oito mestres para atender seis aulas.
Así mesmo, destacou que o centro conta con dous especialistas en Pedagoxía Terapéutica e outros dous en Audición e Linguaxe, cando por número de alumnos matriculado corresponderíanlle unicamente un de cada. Así pois, con esta dotación, Jesús Bértolo descartou que haxa unha desatención neste centro que ten capacidade para acoller moitos máis alumnos dos que ten matriculados, así como todos os recursos e o persoal axeitado para asegurar unha atención educativa de calidade.


Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.