Wednesday 12 de November de 2025

A arteria principal de Corrubedo contará con firme renovado


 O Concello de Ribeira saca a licitación a actuación por 92.914,10 euros

A principal vía de acceso á parroquia de Corrubedo verase mellorada coa renovación do firme, polo que o Concello de Ribeira saca a licitación esta intervención que se focaliza no tramo comprendido entre a rúa do Canaval e a travesía de Buenos Aires.

Os traballos consistirán no fresado do actual pavimento e na aplicación de aglomerado asfáltico en quente de 6 cm de espesor, nunha superficie de 4.068,50 metros cadrados. Finalmente procederase co pintado da sinalización horizontal. O prazo de execución das obras será de dous meses. Deste xeito, mellorarase a seguridade viaria na zona.

Enmarcada no POS+2025, esta actuación conta cun orzamento de licitación de 92.914,10 euros, IVE incluído. As empresas dispoñen ata as 23.59 horas do 27 de novembro para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Deja un comentario