· A exposición itinerante poderá visitarse ata o 30 de novembro na instalación municipal.
A Casa da Cultura da Pobra acollerá, ata o 30 de novembro, a mostra itinerante do XV Certame de Artesanía Antonio Fraguas. A exposición, promovida pola Deputación da Coruña, conta cunha trintena de pezas entre as que se inclúen as obras gañadoras desta edición e outras seleccionadas polo xurado do concurso. Trátase dunha colección coa que se busca darlle aos visitantes unha visión ampla da artesanía galega contemporánea e tradicional.
Entre as pezas, o público poderá atopar á gañadora da modalidade tradicional, Coitelos de cociña Damasco, de Borja Canedo Martínez. Así mesmo, os espectadores atoparán tamén na Casa da Cultura Nasa, a obra coa que Ezequiel Franchi Gil gañou a modalidade contemporánea do certame. Ademais destes traballos, a exposición reúne 25 máis de disciplinas como a xoiería, a cerámica, a carpintería, construción de instrumentos, entre outras.
A exposición do XV Certame de Artesanía Antonio Fraguas pódese visitar ata o 30 de novembro, en horario de mañá de 11.00 a 14.00 horas e de tarde 17.00 a 20.00 horas de luns a venres.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.