Pasados máis de 4 anos desde a apertura do campo de golf de Xaz, para o que o Concello impuxo entre outras condicións un sistema de rego con augas residuais depuradas, a Xunta está a impedir que se utilice ese sistema. A falta de coordinación e entendemento entre as consellerías de Medio Ambiente e Sanidade está a imposibilitar que se utilice esa solución, co conseguinte consumo de auga potable da rede xeral.
Precisamente o Concello establecera esa condición por cuestións medioambientais, para evitar que o consumo de auga potable se vise afectado polo rego desta instalación. Neste momento estanse a utilizar trimestralmente máis de 38.520 metros cúbicos de auga, o que supón un gasto económico de 84.000 euros.
O Concello de Oleiros lamenta os custos medioambientais provocados pola falta de coordinación interna e xestión da Xunta de Galicia.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.