A Concellería de Deportes de Fene, a AVV de Limodre e a Asociación Felicia, organizan para esta fin de semana o II Memorial José Ardá, coa colaboración da Escola de Xadrez da Galicia Norte e da Escola Ferrolá de Xadrez. O encontro terá lugar este domingo no local social veciñal, atendendo ao seguinte cronograma: inscricións ás 10.30. primeira sesión ás 11.00, segunda ás 11.45, terceira ás 12.30, cuarta ás 16.00, quinta ás 16.45, sexta ás 17.30 e sétima ás 18.00 Haberá premios para os tres primeiros clasificados das categorías senior, veterán (+60), sub18, sub16, sub14, sub 12 e sub10. O primeiro premio en cada categoría ascenderá a 50€, o segundo a 40€ e o 3º a 30€.
Segundo se establece nas bases do II Memorial José Ardá, o sistema de xogo será suizo a sete sesións, valedoiro para ELO rápido, e con ritmo de xogo 15´15”. E o sistema de desempate: APRO. ELO mínimo 1400 para deportistas sen ELO, apos: Bucholz brasileiro, Bucholz total e Progresivo ata as derradeiras consecuencias. A organización poderá conceder byes atendendo a circunstancias especiais E, aos participantes non federados, faráselles a licenza sen custo.
Inscricións previas no email xoanrei@gmail.com ou no teléfono 655 796 421; ou o mesmo día da competición ás 10.30 horas no local da AVV Limodre. Máis información: web https://xadrezferrola.gal/ e www.info64.org




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.