Tuesday 11 de November de 2025

O IES Alfonso X O Sabio acolleu a tarde do luns 10 unha charla sobre voluntariado xuvenil


O IES Alfonso X O Sabio acolleu a tarde do luns 10 unha charla sobre voluntariado xuvenil.

Estudantes descobren como implicarse en proxectos solidarios.

O IES Alfonso X de Cambre celebrou unha charla dedicada ao voluntariado xuvenil, co obxectivo de fomentar entre o alumnado a participación activa en proxectos solidarios e comunitarios.

Durante a sesión, os relatores explicaron as diferentes oportunidades de voluntariado dispoñibles no seu ámbito xeográfico. O encontro buscou motivar aos mozos para converterse en axentes de cambio na súa contorna.

A actividade forma parte do compromiso do IES Alfonso X coa educación en valores, a cidadanía activa e a solidariedade.

A actividade, que tivo lugar entre as 16:00 e as 17:30 horas, contou coa participación de representantes de Voluntariado Cambre, o Banco de Alimentos Provincia da Coruña , En bicicleta Sen Idade e Protección Civil Cambre. Durante o encontro, os relatores explicaron en que consiste o seu labor diario, como é a experiencia persoal de colaborar como voluntario e que pasos deben seguir os mozos interesados en unirse ás súas organizacións.

Tamén interveu Pilar Cara de Beaumont, quen contou a súa experiencia como voluntaria en Benín.

Búscase que o alumnado reflexione sobre que achega o voluntariado a nivel persoal e social, e descubra que cada persoa pode contribuír de forma positiva á súa contorna.

Esta iniciativa forma parte do compromiso do centro coa educación en valores, a solidariedade e a cidadanía europea activa, piares fundamentais do proxecto Erasmus que desenvolve o IES Alfonso X O Sabio.

Deja un comentario