A medida afecta a máis dun cento de elementos dentro do Plan de Sustentabilidade Turística
O municipio de Ribeira contará con renovadas indicacións dentro do Plan Integral de Sinalización Turística que contempla a reposición de sinais e a dotación de novos tótems na contorna urbana.
En total, afecta a máis dun cento de elementos repartidos por todo o territorio municipal a través do Plan de Sustentabilidade Turística, no
marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado polos fondos europeos Next Generation.
“O Concello de Ribeira traballa na posta en valor dos seus recursos turísticos e aquí é crucial contar cunha sinalización adecuada que permita a quen nos visita ter unhas correctas indicacións para achegarse ata os nosos lugares de interese. Por iso a razón de ser desta medida que se atopa ao abeiro do Plan de Sustentabilidade Turística”, en palabras da alcaldesa, María Sampedro.
Os traballos foron adxudicados á empresa Benito Urban, S.L.U. por un importe de 93.196,62 euros.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.