O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero incidiu na importancia da colaboración interinstitucional para avanzar nunha sociedade máis igualitaria
O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, participou esta mañá en Curtis na presentación da campaña local con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Deste xeito, puxo en valor este tipo de iniciativas de carácter local que buscan combater esta lacra e conciencia a toda a veciñanza.
Neste senso, o director xeral incidiu na importancia da colaboración interinstitucional para avanzar nunha sociedade máis igualitaria e na que haxa un consenso claro para acabar con todas as violencias contra as mulleres. Deste xeito, lembrou a aposta do Executivo galego por impulsar iniciativas que promovan a participación de todos os axentes sociais.
Roberto Barba trasladou o apoio da Xunta ao concello de Curtis e a todas aquelas Administracións, Institucións e Organismos que colaboren na loita contra a violencia machista e que se intensifica ano a ano a través das achegas e iniciativas que promovan a sensibilización, a emancipación das mulleres ou que garantan a súa recuperación integral.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.