Monday 10 de November de 2025

TROMSø, este sábado no García Márquez


TROMSø, de Morraoconto, chega ao auditorio Gabriel García Márquez o sábado 15 de novembro ás 20:30 horas.

A obra dirixida por Rafa Martínez presentarase no García Márquez o sábado 15 de novembro ás 20:30 horas.

Cando un ser querido nos deixa, o baleiro que queda énchenos dun silencio que, ás veces, nunca conseguimos facer desaparecer. Un silencio que se aferra ao corazón apagando para sempre parte da súa luz. Tromsø é unha reflexión en clave de humor desde a perda. Sobre a vida, a morte e todo o que queda entre medias. É un canto á tristura pero tamén á esperanza. Unha viaxe épica polos mares do norte, navegando tormentas, fiordos e enormes cardumes de arenque, na procura de respostas nun lugar onde as candorcas, co seu canto, desgarran o silencio salvaxe da aurora boreal.

O espectáculo está dirixido público adulto (maiores de 16 anos) e o custe da entrada é de 6,00 euros. A compra anticipada das entradas pode realizarse a través da plataforma electrónica (giglon.com) e na billeteira do auditorio desde unha hora antes do comezo de cada espectáculo. O pagamento na billeteira só se poderá realizar a través de tarxeta bancaria.

Deja un comentario