As tarefas iniciáronse nas Abesadas para continuar no García Bayón
O Concello de Ribeira acomete a limpeza dos parques infantís do municipio “para garantir a salubridade destes espazos de ocio infantil, especialmente, agora que as zonas de caucho se ensucian máis debido ao mal tempo.
Empezamos polos parques que aglutinan maior número de nenos e nenas para despois continuar polo resto do concello. Queremos que, dentro das posibilidades que nos deixa o inverno de saír ao exterior, teñan estas zonas en óptimas condicións”, en palabras da alcaldesa, María Sampedro.
A brigada municipal estivo nestes días traballando no limpeza do recinto de xogos das Abesadas para, na vindeira semana, trasladarse ao de García Bayón.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.