O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero destacou que as aportacións dos axentes sociais e a colaboración interinstitucional para avanzar nesta normativa pioneira
O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, reuniuse co equipo de delitos telemáticos da Garda Civil na Coruña para detallar algúns dos aspectos clave da que será a primeira Lei de violencia e acoso dixital de España e na que está traballando a Xunta de Galicia.
Esta norma busca dar un paso máis na loita contra as violencias, especialmente das que se producen no ecosistema dixital. Así, a Lei afondará nos delitos que se producen a través da rede para tipificalos e poder avanzar o marco lexislativo que permita garantir unha protección integral ás vítimas, ao tempo que se melloran os mecanismos de prevención e detección.
Neste senso, Roberto Barba enmarcou este encontro dentro do diálogo aberto que promove a Administración galega de cara á elaboración do texto desta norma. Por iso, fixo fincapé en que as aportacións dos axentes sociais e a colaboración interinstitucional é clave para poder establecer u n marco normativo efectivo e que responda ás necesidades actuais.


Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.