Friday 07 de November de 2025

A Xunta destaca a colaboración coa entidade Acopros para mellorar a calidade de vida das persoas xorndas


A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou esta tarde no encontro de familias organizado pola Asociación de Colaboración e Promoción das Persoas Xordas (Acopros), onde puido coñecer as experiencias e vivencias de varias persoas usuarias.

Neste encontro, Begoña Abeijón puxo en valor o papel que desenvolve esta asociación para mellorar o benestar e a calidade de vida dos seus usuarios. A directora xeral destacou que a Xunta colabora con Acopros a través das axudas que concede a entidades sociais con cargo ao 0,7% do IRPF.

Deste xeito, a Consellería de Política Social e Igualdade financia os programas de rehabilitación logopédica, saúde auditiva e estimulación cognitiva que esta entidade ten en marcha, así como o servizo de atención e apoio a familias. Ademais, asinouse un convenio de colaboración para o financiamento dun servizo de accesibilidade integral á información e á comunicación para persoas xordas. Deste xeito, o investimento da Xunta no último ano superou os 160.000€.

Deja un comentario