Saturday 08 de November de 2025

Roberto González-Monjas renova como director musical da OSG ata o ano 2029


A alcaldesa, Inés Rey, presidiu hoxe a Xunta de Goberno do Consorcio para a Promoción da Música. No encontro aprobouse a contratación, ata o ano 2029 de Roberto González-Monjas como director musical da Orquestra Sinfónica de Galicia, cargo que xa viña desempeñando nos últimos anos. “González-Monjas é un referente internacional na dirección de orquestras e ten contribuído a consolidar a OSG como a mellor formación que temos hoxe en España”, indicou a alcaldesa. González-Monjas (Valladolid, 1988), é ademais de director, acadou tamén importantes recoñecementos internacionais como violinista.

Deja un comentario