Friday 07 de November de 2025

Alternativa esixe maior tranasparencia na xestión das subvencións ás asociacións


O pasado xoves as asociacións recibiron unha comunicación con importes asignados, pero a resolución oficial aínda non foi publicada, tal e como obrigan expresamente as bases.

Esta situación dificulta o cumprimento dos prazos establecidos, xa que o periodo de xustificación remata o 21 de novembro, deixando ás entidades con tan só quince días para presentar a documentación.

Alternativa lembra que hai xa un mes o grupo instou ao equipo de goberno de Carral a tomar medidas para progresar na xestión e transparencia na concesión das subvencións municipais destinadas ás entidades locais sen ánimo de lucro.

O grupo municipal lembra que as bases reguladoras das axudas quedaron elaboradas e consesuadas previamente coas propias asociacións, co obxectivo de facilitar a súa participación.

As bases establecen claramente que “A resolución publicarase no taboleiro da sede electrónica e na web municipal.”

https://sede.carral.es/sxc/gl/informacion/
https://carral.es

Deja un comentario