Thursday 06 de November de 2025

Rouban unha bobina de cable de cobre de 250 kg valorada en 6.000 euros


O Concello denunciou ante a Garda Civil o roubo dunha bobina de cable de cobre de 250 kg valorada en 6.340 euros. Os feitos aconteceron no día de onte en Dexo, na avenida Jiménez Herrero, onde dous electricistas municipais estaban a proceder á substitución dos cables da iluminación pública.

Os traballadores do Concello tiveron que abandonar o lugar ás 11:00 horas para atender unha avaría noutro punto do municipio. Cando regresaron ás 11:30 horas, a bobina xa non estaba.

Dado o peso do cable roubado, só é posible cargala nun camión dotado dalgún tipo de grúa; polo que é posible que algún veciño ou condutor vise algo nesa franxa de media hora. De ser así, o Concello roga que se comunique inmediatamente chamando ao 981 610 001.

A Garda Civil e a Policía Local están a investigar o sucedido para tratar de dar cos responsables do roubo.

Deja un comentario