O Museo Valle-Inclán e a Asociación de amigos do Museo convócannos hoxe 8 de abril, as 8 da tarde, a un acto homenaxe ao xornalista Raimundo García Domínguez, Borobó, no centenario do seu nacemento (1916-2003).
Nel participarán os historiadores e grandes amigos do escritor Xoán Guitián e Ricardo Gurriarán, que dialogarán sobre as andanzas e inquietude dun mozo Valle-Inclán, da Compostela de fináis do século XIX e doutras múltilpes anécdotas e lembranzas daquela época investigada e descrita por Borobó en innumerables artigos, recollidos nos seus volumes: El fantasma de Valle-Inclán e Anacos valle-inclanianos.
Desta maneira respectuosa e sinxela, tentaremos achegarnos a unha nova perspectiva de ambos persoeiros, vinculados tan afectivamente á nosa comarca.