Este venres, 7 de novembro, arrinca o ciclo de monólogos que organiza o Museo do Humor Xaquín Marín de Fene para conmemorar o seu aniversario. Nesta primeira xornada, na que ademais se entregarán os Premios Curuxa 2025, o protagonista será Oswaldo Digón. O espectáculo, titulado “In-certo”, comezará ás 20.00 horas. E a entrada será de balde, previa recollida de invitacións (até un máximo de dúas por persoa adulta) na conserxería da Casa da Cultura de Fene o mesmo día a partir das 19 horas. Aforo limitado.
In-certo é un espectáculo de comedia onde Oswaldo Digón mestura o seu estilo de monólogos humorísticos coa súa ampla experiencia como improvisador teatral, contando historias que se desenvolven de xeito diferente en cada función, facendo que cada espectáculo sexa único e irrepetible. IN-CERTO é un texto que fala con humor e liberdade, e cunha produción escénica coidadosamente elaborada, ao ESPÍRITO do noso tempo. O tsunami tecnolóxico, a ansiedade, as preocupacións da nosa vida cotiá… Oswaldo analiza e debate co público as pequenas e grandes cousas ás que todos nos enfrontamos nun día calquera… Alguén dixo unha vez: “Quen mellor manexe a incerteza será feliz”. O que é absolutamente certo é que a comedia e o humor son a mellor maneira de enfrontarse a ela, e este formato innovador demóstrao.
OSWALDO DIGÓN (1975, San Román de Cervantes, Os Ancares, Lugo). Cómico galego que comezou a súa carreira artística como contador de historias en 1996. Actor de teatro profesional, participou en producións de xira nacional como FARIÑA e SÍBARIS. Paralelamente, Oswaldo Digón enche teatros como actor cómico e participou en proxectos como as Noites do Club da Comedia. Actualmente combina a docencia de teatro de improvisación coas súas actuacións cómicas e xiras teatrais. Máis información en www.oswaldodigon.com
Trata cita deste venres, o Novembro, mes do humor continuará o 14 de novembro con Patty Diphusa actuando na Casa da Cultura de Fene e presentando “Sexo seguro, seguro? Seguro!”.
Ciclo organizado pola Concellería de Cultura de Fene coa colaboración da Deputación da Coruña (Rede Cultural).




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.