O secretario xeral da Lingua participa na Coruña na presentación das xornadas ‘Castelao e o seu tempo’, que inclúen varios relatorios sobre unha das figuras máis destacadas da cultura galega e coas que colabora o Goberno galego
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, gabou hoxe “as iniciativas que desenvolven as administracións locais para seguir celebrando a Castelao antes de que remate este ano de homenaxe, a través dos apoios do Goberno galego para a organización de actividades”. Así o indicou durante a presentación das xornadas Castelao e o seu tempo, organizadas polo Concello da Coruña e a Fundación Castelao coa colaboración da Xunta de Galicia.
Así, o responsable autonómico de Lingua fixo fincapé “na grande oportunidade que ofrecemos ao longo destes meses coa declaración do Ano Castelao, para impulsar todo tipo de propostas ao redor da figura dun dos persoeiros máis destacados da nosa cultura”, puntualizando que, “todas elas contribúen a proxectar o seu legado e convidan a reflexionar sobre o seu coñecemento, sobre todo, ás xeracións máis novas”.
Neste senso, Valentín García convidou a participar en todo tipo de iniciativas enmarcadas nesta celebración, como son estas xornadas que se desenvolverán na Coruña en catro días espallados entre este xoves 6 e o mércores 19 de novembro. Así mesmo, tamén lembrou outras propostas que están a ter unha grande acollida como a experiencia interactiva ao redor da figura de Castelao que pode visitarse na Cidade da Cultura no marco da programación do Goberno galego para conmemorar o 75ª aniversario do seu pasamento.

Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.