· Será este domingo, 9 de novembro, ás 19.00 horas no Cine Elma.
A Pobra continúa inmersa no ciclo de Outono Cultural, un programa que se prolongará ata o mes de decembro e que ofrecerá á veciñanza teatro, música e danza. A vindeira actividade levarase a cabo este domingo, 9 de novembro, ás 19.00 horas no Cine Elma. A instalación acollerá a representación de As gardiás ou o nó de Tecelán, de Teatro de Ningures.
A función está ambientada no piso de Rosa, que funciona como refuxio dunha tribo de catro mulleres maiores. Tanto ela como as súas compañeiras están decididas a preservar a súa independencia. Con todo, isto cambia cando a filla de Rosa propón trasladala a unha institución médica e vender o apartamento. Nese momento, comeza a loita entre dúas visións do que significa envellecer ben.
O acceso é gratuíto e libre ata esgotar asistencias. A proposta está organizada pola Concellería de Cultura da Pobra en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.