A biblioteca municipal de Neda retoma a vindeira semana o seu calendario de presentacións literarias. Desta volta, o protagonista será Roberto Novo Rey, quen se achega ao espazo cultural para falar cos lectores sobre a súa segunda novela, titulada Protervia. A cita terá lugar o xoves, 13 de novembro, a partir das 19 horas.
Este autor de Ferrolterra compartirá cos asistentes como foi o proceso da escrita desta obra, comentando algunhas pinceladas deste thriller, no que tres adolescentes toman unha mala decisión que marcará as súas vidas para sempre. A obra supón a estrea de Novo Rey na literatura para o público adulto.
A escritora ortigueiresa Isabel Ramos Breijo, quen asina o epílogo desta novela policíaca (o prólogo é obra do bibliotecario local, Juan Lada), será a encargada de presentar ao autor, que debutaba no mundo das letras no 2020 con Multivórtice, unha novela xuvenil de aventuras fantásticas. A cita que, como non, concluirá coa sinatura de exemplares, estará aberta a todas as persoas que desexen sumarse.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.