A estrada de Sofán á Piña está cortada ao tráfico para proceder á retirada dunha árbore e dun tendido aéreo que caeron durante o temporal. O Servizo Municipal de Protección Civil leva atendidas numerosas emerxencias desde a noite de onte, a maior parte delas rexistradas entre as 23.30 h do martes e as 01.30 h de hoxe.
Ademais dos danos na estrada de Sofán á Piña, tamén caeu parcialmente un tendido no Cótaro (Entrecruces) e árbores e pólas en varias estradas. Tamén se derrubaron dúas vallas publicitarias na zona do Rego da Balsa.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.