PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS ÁS FAMILIAS PARA A FESTIVIDADE DE NADAL 2025-2026
O Concello de Fene quere que todos os nenos e nenas, que así o precisen, non pasen estas festas de Nadal sin recibir un agasallo
¿Qué nenos e nenas teñen dereito a estos agasallos?
Os nenos e nenas que a 31 de decembro de 2025 teñan unha idade comprendida entre o 0 e o 16 anos, ou maiores desta idade cando teñan o recoñecemento oficial de discapacidade.
¿Qué cantidade poden recibir por neno ou nena?
Axudas de pago único de 125€ por menor.
Qué requisitos deben cumprir? :
Aquelas familias que cumpran os seguintes requisitos:
1.- Empadroamento no Concello de Fene e ter residencia efectiva no mesmo cunha antigüidade mínima de tres meses anteriores á data da solicitude.
2.- Que a renda per cápita familiar non supere os ingresos netos anuais de 16.576,00 €, calculados en base a aplicación dos seguintes descontos: seguridade social e IRPF, pensións de alimentos, pensións compensatorias e as cotas de aluguer ou amortización da vivenda.
3.- Que os aforros a 31/12/2024 non superen os 3.000 €.
4.-Que non haxa máis de dous coches na unidade familiar e, no caso de que a maiores dos coches se posúa unha moto, esta deberá ter unha cilindrada non superior a 800 centímetros cúbicos.
¿Cal é o prazo para poder solicitar?
Dende o 5 de novembro ata o 18 de novembro 2025, ambos os dous días incluídos.
¿Onde solicitar información e presentar a solicitude?
Centro municipal de Servizos Sociais. Avda. do Mar, Bl. 1. San Valentin.
Teléf.: 981342607 / 981492706



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.