Sen prazos para a reapertura das pistas deportivas do Temple
Na actualidade, ningunha das tres pistas abertas se atopa operativa, o que se suma o peche da Polideportiva do Graxal, así como o horario só de mañá na Casa da Xuventude. Esta situación resulta preocupante, especialmente porque afecta de maneira directa aos máis novos do Temple, nunha das zonas máis dinámicas do Concello.
O goberno local explicou, no caso das instalacións deportivas, que dependerá da evolución dos trámites administrativos e da execución das reformas necesarias en cada caso.
Dende Alternativa lembran que o Temple é a parroquia máis densamente poboada do concello, e conta cunha alta porcentaxe de poboación moza, polo que consideran que non se pode prolongar a falta de espazos de lecer e práctica deportiva, dado o impacto negativo que cae especialmente na xuventude..
O grupo seguirá a situación das instalacións municipais no Temple, co fin de impulsar que calquera destes asuntos quede paralizado.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.