O cantante presentará na Coruña o seu novo traballo Ritorno a Via Dalma, no primeiro concerto confirmado para 2027 na cidade
O Coliseum da Coruña será unha das paradas da nova xira de Sergio Dalma, que presentará na cidade o seu próximo álbum Ritorno a Via Dalma.
O concerto terá lugar o 23 de xaneiro de 2027, converténdose así na primeira actuación confirmada na Coruña para ese ano.
As entradas sairán á venda este mércores, 5 de novembro, a través da páxina web oficial do artista e da plataforma de El Corte Inglés.
Con Ritorno a Via Dalma, que verá a luz o 14 de novembro, o artista catalán revisita o espírito da súa exitosa triloxía inspirada na música italiana, con versións de temas de autores contemporáneos interpretadas coa súa voz característica. Trátase do disco número 23 da súa carreira, e supón un novo chanzo na consolidación dun estilo que o público recoñece e celebra.
O concerto enmárcase na aposta do Concello por seguir ofrecendo á veciñanza propostas culturais de calidade, nunha liña de programación que o Goberno de Inés Rey está a consolidar nos últimos anos.
O concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, valorou positivamente esta nova incorporación ao calendario musical da Coruña e destacou que “Sergio Dalma é un artista moi querido polo público e cunha carreira consolidada, e o seu concerto será, sen dúbida, unha das citas
dende do comezo de 2027”.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.