Esas cousas marabillosas, de Empatía Teatro, chega ao auditorio Gabriel García Márquez o sábado 8 de novembro ás 20:30 horas.
A comedia dirixida por Avelino González presentarase no García Márquez o sábado 8 de novembro ás 20:30 horas.
Esas cousas marabillosas comeza cando o público vai entrando na sala e é recibido polo actor. Dálles a benvida, axúdaos a se acomodar, e dálles un papeliño co que vai xogar no espectáculo. Cando empeza a función, o público xa leva un cacho dentro dela sen sabelo e algúns cunha “cousa marabillosa” na man. Trátase dunha peza participativa, tenra, emocionante e divertida. Unha comedia que fala sobre a saúde mental, a depresión e o suicidio.
O espectáculo está dirixido público adulto (maiores de 12 anos) e o custe da entrada é de 4,00 euros. A compra anticipada das entradas pode realizarse a través da plataforma electrónica (giglon.com) e na billeteira do auditorio desde unha hora antes do comezo de cada espectáculo. O pagamento na billeteira só se poderá realizar a través de tarxeta bancaria.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.