O domingo 9 de novembro, en horario de 10.00 a 15.00 horas, celébrase a XXXV edición da Feira do Mel baixo a cuberta da pista polideportiva de Perillo, na avenida da II República. Un total de 45 apicultores galegos virán a Oleiros a expoñer e vender os seus produtos.
As persoas que se acheguen a esta feira poderán coñecer e adquirir todo tipo de alimentos e artigos relacionados co mel, desde os máis tradicionais ata produtos de beleza e coidado corporal. Ademais, ás 12:00 horas terá lugar a actuación do grupo de Gaitas e Cantareiras Semente Nova e ás 13:00 horas ofrecerá un concerto a Banda Municipal do Concello de Oleiros.
Este ano aumentouse o número de invitacións aos apicultores/as para que poidan estar presentes aqueles que veñen das zonas máis castigadas polos incendios que arrasaron gran parte dos montes de Lugo e Ourense.
Con esta feira, única en toda Galicia, o Concello de Oleiros pretende apoiar a un sector produtivo que sofre a constante ameaza da globalización, dos novos costumes alimentarios e nos últimos anos tamén da avespa velutina.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.