Refórzanse así os medios materiais do corpo policial
O Concello de Ribeira adquire un vehículo con distintivo ambiental grazas á colaboración da Xunta de Galicia co obxectivo de reforzar o equipamento da Policía local no desenvolvemento das súas funcións, entre as que se atopan as preventivas de protección ambiental e espazos naturais, intervencións e xestión de situación de risco ou sinistro, a recollida de mostras de residuos ou vertidos e actuacións relacionadas coa prevención e defensa contra os incendios forestais.
A alcaldesa e titular da área de Seguridade Cidadá, María Sampedro, participou na recepción do vehículo xunto co inspector xefe do corpo policial, José Manuel Bretal, e o axente, Adrián Chorén. “Esta adquisición fortalece os medios materiais para o desenvolvemento das tarefas habituais dos axentes. E o novo coche conta con selo conforme se respecta o medio ambiente”, explica a rexedora.
Tralo proceso de licitación, o contrato de subministración do vehículo adxudicouse á empresa Técnicas y Servicios de Automoción, S.A. por un importe de 38.119,60 euros, IVE incluído, subvencionado en parte polo Fondo de Compensación Ambiental.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.