Sunday 02 de November de 2025

O Magosto Arrancadeira chega á súa quinta edición con foliadas, obradoiros de baile galego e concertos


· A cita levarase a cabo o sábado, 8 de novembro, a partir das 17.00 horas na praza Alcalde Segundo Durán.

O Magosto Arrancadeira, organizado por esta entidade en colaboración coa Concellería de Cultura e a Deputación da Coruña, chega á súa quinta edición. E, para celebralo, levarase a cabo un completo programa de actividades no que non faltarán as foliadas, o baile tradicional e os concertos. A cita terá lugar o sábado, 8 de novembro, a partir das 17.00 horas na praza Alcalde Segundo Durán. A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, anima á veciñanza a asistir, incidindo no “grande esforzo que a entidade fai, ano tras ano, para realizar este evento”.

O inicio será ás 17.00 horas cunha foliada na que tomarán parte 14 agrupacións procedentes da Pobra e doutros municipios da comarca. Ademais da propia Arrancadeira, actuarán Andavía, As Garridiñas, As Ruliñas (Amas de Casa da Pobra), As Sivalveiras, Bailadela, Chorimas, Ebora, Eiradela, Fogo Fatuo, GMBT Tahúme, Nunca é tarde, Os Pequenos do Barbansa e Vai de Roda. O programa seguirá cun taller de baile tradicional de iniciación a cargo de Alejandro Martínez.

O peche do Magosto Arrancadeira será ás 22.00 horas. En primeiro lugar, cun concerto de Maghúa e Ghazafellos e, a continuación, cunha foliada libre.

Deja un comentario