O Concello vai destinar 62.000 euros á compra dun local para o club de remo de Perillo. Situado na avenida das Américas, e contiguo ás actuais instalacións do club, permitirá incrementar espazos para adestramentos en terra e almacenaxe de embarcacións.
O Club de Regatas é unha entidade deportiva dedicada á práctica do remo cunha historia repleta de grandes éxitos. Neste momento continúa a realizar un extraordinario traballo de canteira, ademais de competir nas categorías absolutas, tanto masculina como feminina, e precisan de máis espazos para continuar co importante labor que realizan en beneficio da práctica deportiva e da convivencia.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.