Thursday 30 de October de 2025

Sancións para os responsables dos estragos na casa de préstamo da praia de Bastiagueiro


As casas de préstamo para actos festivos, reunións familiares e festas de veciños de Oleiros son un servizo que o Concello pon a disposición de forma totalmente gratuíta coa fin de que teñan un espazo totalmente acondicionado para o lecer e a convivencia. Actos vandálicos como os producidos esta pasada fin de semana na casa municipal de préstamo da praia de Bastiagueiro non se poden consentir.

As persoas que solicitaron o uso desta propiedade municipal terán que afrontar os gastos derivados dos importantes estragos causados en portas, fiestras, etc… así como afrontar unha sanción económica por non cumprir coas normas estipuladas.

“Algunhas persoas dicíanme que non se prestase máis a casa, pero non estamos de acordo con iso. O Concello vai seguir prestando a casa porque unha inmensa maioría de veciños e veciñas son responsables e respectan as normas”, comentou o alcalde.

O Concello ten unha ampla rede de casas de préstamo por todo o municipio. Un importante patrimonio público para o uso e gozo de todas e todos os e as oleirenses. Coidar, defender e preservar estes espazos é unha responsabilidade colectiva.

Deja un comentario